22 de febrero de 2011

[Paréntesis (LXXVIII)... Di-verso]

X

Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
á miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.

xullo, 95

Lois Pereiro
Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Qué buena...

Anónimo dijo...

Ayy ay

Miguel Ángel Maya dijo...

;-)
...Me gusta, como experto en retiradas preventivas que soy...

Bolboreteira dijo...

Me gusta..a veces hace falta un poco de lucidez para ver que hay cosas que no pueden ser por duro que sea.Retirada preventiva contra mayor sufrimiento.
Besos!

Kaplan dijo...

Relinlle este mesmo poemario hai poucas semanas e pareceume excelente, máis se pensamos no contexto en que o compuxo