8 de marzo de 2007

[Parèntesis (XIII)]...Os xoguetes de Casares


"Disque unha cousa é o que
existe e outra o que sucede. Sssssh. Non dicir que morreu. Non llo dicir a
ninguén. Tampouco hai que mentir, claro. Non dicir nada. Temos que admitir a
realidade. Pero a realidade tamén debería ser máis dialogante. Non pode chegar
como unha ladroa na noite, e levarse, así como así, do melloriño que temos, a
lúa polo prezo dunha mazá reineta. Podemos chegar todos a un acordo. Para
iso está a literatura. Pararlle un pouco os pés á realidade. Non aceptala cando
se comporta como un rufián que anda acoitelando corazóns e reloxos desta
maneira. Independentemente do que sucede, Carlos Casares existe. Si, señor. É un
grande escritor e un gran tipo. Un froiteiro en flor. Da mellor estirpe de
Galicia, a da liberdade, o humor e un pisco de melancolía. Sempre haberá
algún túzaro que veña coa verdade por diante como unha máquina cortadora de
céspede: "¡Morreu, morreu, morreu!".Non facerlle caso. É a realidade que anda a
meter ruído. Nós escoitamos a voz de Casares escribindo no aire. Abrimos o libro
como quen abre unha cancela e imos por esa corredoira do segredo: ¡Alí está
Carlos falando coa rosa, o raposo e o principiño! E o tipo da cortadora,
dalle que dalle: "¡Morreu, morreu, e morreu!". Hai que manterse firmes. Non
deixarse comer a moral. ¿Morreu? ¿E sábelo ti, eh, listo espelido? Porque unha
cousa é morrer un día, por exemplo o 9 de marzo do 2002, e outra moi distinta
morrer toda a vida. "

"Desacordo sobre un suceso"

Manuel Rivas

7 comentarios:

ElDueñoDeNada dijo...

No tengo el gusto de haber leido a Casares, pero alabado sea si fue merecedor de estas palabras rivarianas.
Que tal una version traducida al castellano, señora mia?

RAIKO dijo...

Dos grandes, sin duda, dos grandes. Un abrazo.

Torreira dijo...

Esa ra...moi ben (2 grandes en 1 post)...bicos

Arale Norimaki dijo...

Que fermosa homenaxe e canta razón leva o Rivas, sonche mortes ben distintas...

torredebabel dijo...

Tes toda a razón, ra!! este texto contén todo o agarimo que seica sementou Casares, todo o estupor que dende logo disparou a súa morte antes de tempo, e toda a fermosura da que é capaz Rivas (que é moita!). Boa escolla! e bonitos os fíos invisibles que nos fixeron un nó hoxe ;-)

besbellinha dijo...

Veño de ler a Rivas en Fíos invisibles e non sabía deste shhh foi moi bonito atopalo tamén aquí.

Mrs.Doyle dijo...

Precioso post e preciosa homenaxe.